Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia
Este proxecto de ALAS A Coruña ten como obxectivo rexistrar as agresións que se producen na nosa comarca, concienciar á cidadanía da importancia de denunciar ataques e/ou agresións motivadas pola LGTBIfobia e ofrecer atención primaria ás vítimas. Ademais, ofrécese un servizo de mediación entre a vítima e a administración para así conseguir unha cidade onde toda a cidadanía sexa igual en dereitos e non exista ningún tipo de discriminación.
Contamos con activistas voluntarias con experiencia en acompañamento a vítimas e asesoramento ante agresións LGTBIfóbicas.
Dende o Observatorio ofrécense formacións baixo a epígrafe da diversidade afectivo-sexual e a igualdade real a administracións públicas, centros educativos, corpos e forzas da seguridade do Estado e ao conxunto da sociedade civil.
Temos experiencia en:
- Políticas de igualdade
- Diversidade afectivo-sexual
- Identidade e expresión de xénero
- Bullying
- Delitos de odio LGTBI
- VIH e serofobia
- Cultura e historia do movemento LGTBI
ALAS A Coruña
Somos un grupo de persoas unidas pola liberdade afectivo-sexual e de xénero nunha sociedade na que a discriminación cara o colectivo LGTBI está presente en calquera ámbito.
Dende ALAS levamos a cabo unha participación activa para loitar contra os estereotipos e prexuízos que alimentan as actitudes LGTBIfóbicas e a súa vez conseguir unha total inclusión do colectivo na sociedade na que vivimos.
Coa nosa participación procuramos a igualdade real para as persoas LGTBI en tódolos ámbitos: sanitario, deportivo, educativo, familiar… Así como a prestación de axuda e orientación ante calquera problema relacionado con cuestións afectivo-sexuais e de xénero.