Axúdanos a medrar

CÓMO COLABORAR

Dende o Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia estaríamos encantados de poder contar contigo neste proxecto. Axúdanos a concienciar aos/as coruñeses/as da importancia da denuncia e de dar atención ás vítimas da LGTBIfobia.

Non se precisa nada máis que ser maior de idade ou ter polo menos 16 anos e permiso dos teus titores legais e ter ganas de construír un mundo máis tolerante.

Nós darémoste a información e a formación precisas para que xuntos podamos cumprir o noso obxectivo de vivir nunha cidade onde o colectivo LGTBI sexa exactamente igual en dereitos ao resto da cidadanía e onde non exista ningún tipo de discriminación.

Asiste ás nosas reunións

Infórmate e contacta coas nosas activistas a través das redes sociais (FacebookTwitter ou Instagram) de ALAS A Coruña para enterarte de cando será a nosa próxima reunión.

Colabora con nós facendo unha doazón

Tamén podes colaborar con nós facendo unha doazón para este proxecto, para iso podes facer un ingreso ou unha transferencia na conta de Abanca:

  • ES64 2080 0041 0430 4004 7677
  • Concepto: Aportación Observatorio.

A totalidade do diñeiro destinarase a este proxecto de ALAS A Coruña.

Este proxecto de ALAS A Coruña ten como obxectivo rexistrar as agresións que se producen na nosa comarca, concienciar á cidadanía da importancia de denunciar ataques e/ou agresións motivadas pola LGTBIfobia e ofrecer atención primaria ás vítimas.
Sobre nós
Contacto

© Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia | Diseño web PabloMiki.