Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia

Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia

Este proxecto de A.L.A.S A Coruña ten como obxectivo rexistrar as agresións que se producen na nosa comarca, concienciar á cidadanía da importancia de denunciar ataques e/ou agresións motivadas pola LGTBIfobia e ofrecer atención primaria ás vítimas. Ademais, ofrécese un servizo de mediación entre a vítima e a administración para así conseguir unha cidade onde toda a cidadanía sexa igual en dereitos e non exista ningún tipo de discriminación.

Contamos con activistas voluntarias con experiencia en acompañamento a vítimas e asesoramento ante agresións LGTBIfóbicas.

Dende o Observatorio ofrécense formacións baixo a epígrafe da diversidade afectivo-sexual e a igualdade real a administracións públicas, centros educativos, corpos e forzas da seguridade do Estado e ao conxunto da sociedade civil. Temos experiencia en:

  • Políticas de igualdade
  • Diversidade afectivo-sexual
  • Identidade e expresión de xénero
  • Bullying
  • Delitos de odio LGTBI
  • VIH e serofobia
  • Cultura e historia do movemento LGTBI

 

A.L.A.S. A Coruña

ALAS Coruña

Somos un grupo de persoas unidas pola liberdade afectivo-sexual e de xénero nunha sociedade na que a discriminación cara o colectivo LGTBI está presente en calquera ámbito.

Dende A.L.A.S levamos a cabo unha participación activa para loitar contra os estereotipos e prexuízos que alimentan as actitudes LGTBIfóbicas e a súa vez conseguir unha total inclusión do colectivo na sociedade na que vivimos.

Coa nosa participación procuramos a igualdade real para as persoas LGTBI en tódolos ámbitos: sanitario, deportivo, educativo, familiar… Así como a prestación de axuda e orientación ante calquera problema relacionado con cuestións afectivo-sexuais e de xénero.