Dende o Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia estaríamos encantados de poder contar contigo neste proxecto. Axúdanos a concienciar aos/as coruñeses/as da importancia da denuncia e de dar atención ás vítimas da LGTBIfobia. Non se precisa nada máis que ser maior de idade e ter ganas de construír un mundo máis tolerante. Nós darémoste a información e a formación precisas para que xuntos podamos cumprir o noso obxectivo de vivir nunha cidade onde o colectivo LGTBI sexa exactamente igual en dereitos ao resto da cidadanía e onde non exista ningún tipo de discriminación.

Infórmate e contacta coas nosas activistas a través das redes sociais (Facebook, Twitter ou Instagram) de A.L.A.S. A Coruña para enterarte de cando será a nosa próxima reunión.

Tamén podes colaborar con nós facendo unha doazón para este proxecto, para iso podes facer un ingreso ou unha transferencia na conta de Triodos Bank ES98 1491 0001 2430 0006 3276 co concepto: "Doazón Observatorio". A totalidade do diñeiro destinarase a este proxecto de A.L.A.S A Coruña.